viernes, 11 de octubre de 2019

ACORDO POR UN PATIO LIBRE DE VEHÍCULOS

Bos días!!

No Consello Escolar celebrado o pasado martes 8 de outubro, acordouse non permitir o acceso dos vehículos ao recinto escolar a partir do próximo luns día 14.  É por iso que solicitamos a participación de toda a comunidade educativa.

Este acordo é extensivo tanto as familias dos alumnos como a todo o persoal que traballa no centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saudo!

ANPA VERDUXO 


jueves, 10 de octubre de 2019

A CASIÑA DO PATIO


Boas!!

Este ano a ANPA comeza o curso moi animado, con novas incorporacións e con moitas ganas de traballar.

O pasado martes estivemos limpando o interior da casiña do patio e temos previsto acondicionar o interior (na medida do posible, xa que se trata dunha propiedade da Xunta) para que a rapazada que asista as actividades que alí se desenrolan o fagan nun entorno cálido e agradable.

En breve, máis noticias e fotos do avance.

Un saudo!!

ANPA VERDUXO

martes, 1 de octubre de 2019

ACTIVIDADE ROBÓTICA


🤖

Bos días!!
Hoxe comeza a actividade de robótica, as 16:00 na aula de informática. É unha actividade para maiores de 9 anos. Se tendes curiosidade e queredes saber de que vai, podedes achegarvos e coñecer ao profesor e que vos conte. 
(Aberto para cursos da ESO) 

Un saudo!
ANPA VERDUXO