lunes, 16 de diciembre de 2019

FESTA DE NADAL

Bos días, 
Queremos informarvos, que este ano a Festa de Nadal do Colexio Cordo Boullosa
será diferente a como tiña sido ata o de agora. A ANPA Verduxo xunto coa ANPA do Colexio da Reigosa aceptamos a invitación do Concello para facer un acto conxunto de benvida aos Reis Magos.

Este acto terá lugar o día 19 de decembro (xa que o 20 e Feira) nas instalacións da discoteca Reivi, e está pensado para que disfruten todos os nenos conxuntamente (e sen nais, pais ou familiares)
Neste acto acudirán os Reis Magos de Oriente que esperamos traian para o Colexio algún regaliño, posto que a Xunta Directiva da ANPA en representación de todos os pais e nais con fillos no Colexio, escribímoslles, pedíndolle uns presentes conxuntos para cada unha das clases.

O mércores 18, no propio colexio, haberá a tradicional representación do Belén
vivente polos nenos do último curso de infantil ao que irán asistindo todos os
cursos do colexio e ao que poderán asistir (coma sempre) por cuestión de aforo só
nais/pais (en casos avoas/avós) das pequenas actrices e actores da función.

Aproveitamos dende o ANPA para desexarvos

Boas Festas!!!

PINCHA AQUÍ PARA VER O PLANNING

Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪



martes, 3 de diciembre de 2019

CADRO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola a todos!

Poñemos a vosa disposición un cadro coas actividades e información que pode ser do voso interese.
O fin e aprender de forma divertida e entretida.

¡Animar as nenas e nenos a que descubran a que mais lles poida gustar!

PARA VER TODA A INFORMACIÓN PINCHA AQUÍ.


Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪






sábado, 23 de noviembre de 2019

UNHA HORTA NO PATIO

Bos días!!
dende a ANPA, queremos compartir o que xa empezamos no proxecto de cambios no patio do noso cole. 🌼🌱🌷🌿

PINCHA AQUÍ PARA SABER COMO FOI

PINCHA AQUÍ PARA VER AS FOTOS 


Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪

lunes, 11 de noviembre de 2019

ESTATUTOS ANPA

Boas!

Para o voso coñecemento, poñemos a vosa disposición os ESTATUTOS da ANPA.

PINCHA AQUÍ PARA VER OS ESTATUTOS


Un saúdo!!

ANPA VERDUXO


ACTIVIDADE DE BALONMÁN

Boas tardes!
Infórmase que este vindeiro mércores día 13 comezará a actividade de balonmán.
Horario de 4 a 5 da tarde no Pavillón de Ponte Caldelas e todolos mércores según o calendario escolar.
Impartida por adestrador do Teucro.
O prezo mensual será de 10€.
🤾‍♂️🤾‍♀️

Un saúdo!!

ANPA VERDUXO



viernes, 11 de octubre de 2019

ACORDO POR UN PATIO LIBRE DE VEHÍCULOS

Bos días!!

No Consello Escolar celebrado o pasado martes 8 de outubro, acordouse non permitir o acceso dos vehículos ao recinto escolar a partir do próximo luns día 14.  É por iso que solicitamos a participación de toda a comunidade educativa.

Este acordo é extensivo tanto as familias dos alumnos como a todo o persoal que traballa no centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saudo!

ANPA VERDUXO 


jueves, 10 de octubre de 2019

A CASIÑA DO PATIO


Boas!!

Este ano a ANPA comeza o curso moi animado, con novas incorporacións e con moitas ganas de traballar.

O pasado martes estivemos limpando o interior da casiña do patio e temos previsto acondicionar o interior (na medida do posible, xa que se trata dunha propiedade da Xunta) para que a rapazada que asista as actividades que alí se desenrolan o fagan nun entorno cálido e agradable.

En breve, máis noticias e fotos do avance.

Un saudo!!

ANPA VERDUXO

martes, 1 de octubre de 2019

ACTIVIDADE ROBÓTICA


🤖

Bos días!!
Hoxe comeza a actividade de robótica, as 16:00 na aula de informática. É unha actividade para maiores de 9 anos. Se tendes curiosidade e queredes saber de que vai, podedes achegarvos e coñecer ao profesor e que vos conte. 
(Aberto para cursos da ESO) 

Un saudo!
ANPA VERDUXO

lunes, 30 de septiembre de 2019

CUOTAS ANPA

Bo día! 

Este ano o pago da cuota de asociad@ farase directamente ao banco xa sexa por transferencia ou ingresando nun caixeiro de ABANCA.
O número de conta e:
ES10 2080 5057 4930 4001 1081
En concepto indicade por favor o nome do nen@ e o curso.

A cuota sigue sendo de 15€. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Saúdos
ANPA VERDUXO

PRESENTACIÓN ANPA

Bos días!!

Somos a ANPA do colexio MANUEL CORDO BOULLOSA de PONTE CALDELAS.

Estamos arrancando este medio en o antes posible comezaremos a comunicar todo o que sea do interese da ANPA.

Un saudo!