viernes, 21 de febrero de 2020

INVITACIÓN A TRABALLO EN COMUNIDAD

Bos días
Aprezadas familias;
dende o ANPA temos o pracer de convidarvos a participar nun Obradoiro convivenza  campestre, no que faremos tradicionais labores do campo (preparar os bancais). Terá lugar na finca ao lado do Invernadoiro de Caritas que será o lugar de encontro, o vindeiro luns 24 de febreiro con duas quendas. Pola mañá de 10:30h-13:00h e pola tarde de 16:00 a 18:30h. Traede roupa axeitada (gorras e guantes) e quen teña que traia tamén ferramentas: pala, sachos e capachos. Os cativos que traian tamén as súas. O abono e demais xa o pon o ANPA.
Para confirmar ou calquera dúbida ou pregunta podedes contactar con Vanessa no 691734114.


Un saúdo!!

ANPA VERDUXO 👪

lunes, 10 de febrero de 2020

COMUNICADO

Prezadas familias,

dende a ANPA queremos informar de varias cuestións. Como sabedes vimos colaborando co Centro no desenvolvermento do PDI, pondo en marcha unha horta escolar e colaborando coas visitas no invernadoiro de Caritas. Para esta semana queremos pedir a vosa participación e colaboración: 
1- Mañá martes día 11, as 17 horas haberá unha Charla do Proxecto-programa da Deputacion de Pontevedra Revitaliza, adicada a compostaxe para nais, pais e profesorado. ANIMAMOSVOS A ASISTIR.
2- Como se porá a funcionar un caixón (ou dous) para compostaxe, recordarvos que sería de gran axuda que durante esta semana as merendas dos nenos trouxeran sempre polo menos unha peza de froita.
3- Recordarvos tamén que precisaremos a vosa axuda para facer maceteiros con refugallo, co plástico das botellas de 1,5l.
4- Este sábado gustaríanos colaborar co traslado dalgunhas prantiñas que prepararon os nodos fillos no invernadoiro de Caritas, xa e que están listas para trasladar os bancais que habría que preparar. Os que queirades participar deixade os vosos datos na Secretaría do Colexio.

Moitas grazas!!
Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪