lunes, 21 de diciembre de 2020

AGASALLOS DE NADAL

Ola familias;

A ANPA VERDUXO fixo entrega esta mañá dos agasallos de nadal para cada unha das aulas do cole. Recordámosvos que a Anpa traballa para mellorar e aportar. O beneficio é para todas e todos os nenos e as suas familias. Ainda estades a tempo de facervos socios.




Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪



sábado, 12 de diciembre de 2020

FAITE SOCIO!

Ola familas;

Durante este curso inaugurouse a colaboración co comercio local mediante a entrega de CARNETS DE SOCIO que dan a posibilidade de descontos nos comercios señalados como colaboradores.







Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪


sábado, 5 de diciembre de 2020

SUBVENCIÓN CONCELLO PONTE CALDELAS 2020 A ANPA VERDUXO

Ola familias!!

Informamos da subvención nominativa do Concello para a Anpa Verduxo, cos gastos presentados para a citada subvención.




Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪

jueves, 3 de diciembre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO "ESTRATEXIAS DE COIDADO"


Ola familias,

Queremos comunicar que o ANPA continúa o XOVES 3 de decembro as 21.00 h coas charlas online, esta vez con Hadriana Ordoñez, dentro do proxecto “Medrar sen violencia, medrar en igualdade
Hadriana e psicóloga e sexóloga e “axudaranos a acompañar os nosos fillos no seu desenrolo vital en cada momento evolutivo, potenciando o respeto pola sua identidade de xénero”. E unha sesión de una hora nas que se interactúa con ela plantexándolle as dúbidas, preguntas, estratéxias...

Baixo a pedagoxía queer, e o movemento das novas masculinidades achegaremos ás familias a repensar, desde unha perspectiva crítica e construtivista, todos os estereotipos e roles de xénero que promovemos de forma automática no espazo doméstico: elección dos nomes, se teñen ou non furados nas orellas, a ocupación que fan dos espazos e tipos de xogos, diferenciación de baños e vestiarios, tipo e tempo das tarefas de coidado doméstico, cortes de pelo, uso de accesorios na vestimenta e a vestimenta en si mesma, gustos nos títulos editoriais, capacidade para o coidar/amar/respectar/loitar/escoitar/sentir/chorar...





Un saúdo e coidarse moito!!
ANPA VERDUXO 👪