lunes, 19 de octubre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO "Conseguir a igualdade entre toda a comunidade educativa"

Estimadas nais e país,
dende as ANPAs dos Centro Educativos de Ponte Caldelas queremos recordarvos que o mércores día 21 octubre temos a primeira das charlas da Escola de Nais e País. Será as 21: 30h en directo, polo que teremos a oportunidades de plantexar, as nosas inquedanzas e dúbidas. Inscríbense no marco do Proxecto de igualdade que pomos en marcha este ano de forma conxunta coa financiación da Conselleria de Igualdade.

Hadriana e psicóloga e sexóloga e “axudaranos a acompañar os nosos fillos no seu desenrrolo vital en cada momento evolutivo, potenciando o respeto pola sua identidade de xénero”.

E unha sesión de unha hora, nas que se interactúa con ela plantexándolle as dúbidas, preguntas, estratéxias... 



Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

jueves, 15 de octubre de 2020

Medrar sen VIOLENCIA medrar en IGUALDADE.


Ola familias,


Temos o pracer de presentarvos a campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.


Hoxe presentamos a primeira das accións que leva por título:

“A igualdade multiplica”

Unha actividade que realizarán todas as aulas do IES e 5ª e 6º de primaria dos CEIPs durante os meses de outubro, novembro e decembro.


Con esta mensaxe animámosvos a participar xunto coas vosas fillas e fillos, para avanzar na educación en igualdade dende as familias e os centros de ensino.


Como estamos en temos de Covid para maior seguridade toda a formación vai ser virtual, en pequenos vídeos moi animados que poderedes ver e escoitar en calquera momento.

Aquí tedes o enlace a nosa canle de Youtube onde xa podedes visualizar os vídeos de presentación:

PINCHA AQUÍ


Recomendamos que pulsedes a tecla de SUSCRIBIR para recibir os avisos a medida que colguemos os pequenos vídeos.


Estas actividades están abertas a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.



                                                        Animádevos a participar!!!


Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪