lunes, 21 de diciembre de 2020

AGASALLOS DE NADAL

Ola familias;

A ANPA VERDUXO fixo entrega esta mañá dos agasallos de nadal para cada unha das aulas do cole. Recordámosvos que a Anpa traballa para mellorar e aportar. O beneficio é para todas e todos os nenos e as suas familias. Ainda estades a tempo de facervos socios.




Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪



sábado, 12 de diciembre de 2020

FAITE SOCIO!

Ola familas;

Durante este curso inaugurouse a colaboración co comercio local mediante a entrega de CARNETS DE SOCIO que dan a posibilidade de descontos nos comercios señalados como colaboradores.







Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪


sábado, 5 de diciembre de 2020

SUBVENCIÓN CONCELLO PONTE CALDELAS 2020 A ANPA VERDUXO

Ola familias!!

Informamos da subvención nominativa do Concello para a Anpa Verduxo, cos gastos presentados para a citada subvención.




Un saúdo! 
ANPA VERDUXO 👪

jueves, 3 de diciembre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO "ESTRATEXIAS DE COIDADO"


Ola familias,

Queremos comunicar que o ANPA continúa o XOVES 3 de decembro as 21.00 h coas charlas online, esta vez con Hadriana Ordoñez, dentro do proxecto “Medrar sen violencia, medrar en igualdade
Hadriana e psicóloga e sexóloga e “axudaranos a acompañar os nosos fillos no seu desenrolo vital en cada momento evolutivo, potenciando o respeto pola sua identidade de xénero”. E unha sesión de una hora nas que se interactúa con ela plantexándolle as dúbidas, preguntas, estratéxias...

Baixo a pedagoxía queer, e o movemento das novas masculinidades achegaremos ás familias a repensar, desde unha perspectiva crítica e construtivista, todos os estereotipos e roles de xénero que promovemos de forma automática no espazo doméstico: elección dos nomes, se teñen ou non furados nas orellas, a ocupación que fan dos espazos e tipos de xogos, diferenciación de baños e vestiarios, tipo e tempo das tarefas de coidado doméstico, cortes de pelo, uso de accesorios na vestimenta e a vestimenta en si mesma, gustos nos títulos editoriais, capacidade para o coidar/amar/respectar/loitar/escoitar/sentir/chorar...





Un saúdo e coidarse moito!!
ANPA VERDUXO 👪


miércoles, 18 de noviembre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO "Obradoiro A BANDA SORORA"



Ola familias,

Queremos comunicar que o ANPA continúa o XOVES 19 de novembro as 21.30 h coas charlas online, esta vez con Hadriana Ordoñez, dentro do proxecto “Medrar sen violencia, medrar en igualdade “.

Hadriana e psicóloga e sexóloga e “axudaranos a acompañar os nosos fillos no seu desenrolo vital en cada momento evolutivo, potenciando o respeto pola sua identidade de xénero”.

E unha sesión de una hora nas que se interactúa con ela plantexándolle as dúbidas, preguntas, estratéxias... 


Animarse a participar, son moi enriquecedoras!



Un saúdo e coidarse moito!!
ANPA VERDUXO 👪



CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO - OBRADOIRO "Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo"

 Estimadas nais e país,


Seguimos coa campaña “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade”, esta ocasión presentamos a divertida  proposta de Katiuskas “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo.





Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

lunes, 16 de noviembre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO - OBRADOIRO "Mudando o conto"

Estimadas nais e país,

Seguimos coa campaña “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade”, esta ocasión presentamos a divertida  proposta de Katiuskas “Mudando o conto”.





Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

lunes, 19 de octubre de 2020

CAMPAÑA DE IGUALDADE DE XÉNERO "Conseguir a igualdade entre toda a comunidade educativa"

Estimadas nais e país,
dende as ANPAs dos Centro Educativos de Ponte Caldelas queremos recordarvos que o mércores día 21 octubre temos a primeira das charlas da Escola de Nais e País. Será as 21: 30h en directo, polo que teremos a oportunidades de plantexar, as nosas inquedanzas e dúbidas. Inscríbense no marco do Proxecto de igualdade que pomos en marcha este ano de forma conxunta coa financiación da Conselleria de Igualdade.

Hadriana e psicóloga e sexóloga e “axudaranos a acompañar os nosos fillos no seu desenrrolo vital en cada momento evolutivo, potenciando o respeto pola sua identidade de xénero”.

E unha sesión de unha hora, nas que se interactúa con ela plantexándolle as dúbidas, preguntas, estratéxias... 



Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

jueves, 15 de octubre de 2020

Medrar sen VIOLENCIA medrar en IGUALDADE.


Ola familias,


Temos o pracer de presentarvos a campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.


Hoxe presentamos a primeira das accións que leva por título:

“A igualdade multiplica”

Unha actividade que realizarán todas as aulas do IES e 5ª e 6º de primaria dos CEIPs durante os meses de outubro, novembro e decembro.


Con esta mensaxe animámosvos a participar xunto coas vosas fillas e fillos, para avanzar na educación en igualdade dende as familias e os centros de ensino.


Como estamos en temos de Covid para maior seguridade toda a formación vai ser virtual, en pequenos vídeos moi animados que poderedes ver e escoitar en calquera momento.

Aquí tedes o enlace a nosa canle de Youtube onde xa podedes visualizar os vídeos de presentación:

PINCHA AQUÍ


Recomendamos que pulsedes a tecla de SUSCRIBIR para recibir os avisos a medida que colguemos os pequenos vídeos.


Estas actividades están abertas a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.



                                                        Animádevos a participar!!!


Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

lunes, 28 de septiembre de 2020

QUÉ É A ANPA E POR QUÉ FORMAR PARTE DELA.

Prezadas familias;

Queremos que teñades información sobre a ANPA e a importancia de ser socios da mesma. No seguinte documento podedes saber mais sobre a ANPA VERDUXO.


Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

COMUNICACIÓN POR MÉTODO TRADICIONAL PARA INSCRIPCIÓN ANPA


Prezadas familias:

Queremos informar, que co fin de facilitar a inscripción como socios da ANPA, e coa axuda do colexio, enviaremos a información mediante os vosos fillos, para que a poidades leer e cubrir, tendo de prazo toda esta semana.

Tamén enviamos documento explicativo de CONSIDERACIÓNS PARA A INSCRIPCIÓN COMA
FAMILIA SOCIA da ANPA VERDUXO.


Un saúdo e coidarse moito!! 
 ANPA VERDUXO 👪

viernes, 25 de septiembre de 2020

RESUMEN DA ANPA DO PROTOCOLO COVID-19 DO COLEXIO

Prezadas familias,

Dende o ANPA querémovos transmitir varias cuestións clave que están contidas no Plan de adaptación á situación covid-19 no curso 2020-21 e que son as que nos afectan máis directamente as familias. No obstante para calqueira dúbida podedes consultar o propio documento que está colgado na páxina web do Cole (CEIP Cordo Boullosa).

PINCHA AQUÍ PARA VER.

Un saúdo e coidarse moito!! 

 ANPA VERDUXO 👪

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Entornos escolares co-educativos e saudables

Boas familias!!

Compartimos informacación  que axuda a entender novos proxectos que se están tratando de implantar nos colexios para mellorar a convivencia "Guia do proceso participativo para crear entornos escolares que promoban a convivencia a saude e o benestar".


Un saúdo e coidarse moito!! 
 ANPA VERDUXO 👪

jueves, 17 de septiembre de 2020

ANIMARSE E FACERSE SOCIO DA ANPA QUE SOMOS TODOS.

Bos días!!
Aprezadas familias, dende Anpa Verduxo queremos;

ANIMAR A QUE VOS FAGADES SOCIOS.
XA SABEDES QUE A ANPA SOMOS TODOS E NECESITAMOS DE TODOS PARA CONSEGUIR O MELLOR PARA OS NOSOS FILLOS.
Este curso faremos un carnet co cal teremos descontos nos comercios de Ponte Caldelas. Tamén estamos con diferentes proxectos que trataremos de levar a cabo.

Para facerse socio solo e necesario cubrir a inscripción e pagar nun caixeiro de ABANCA a cuota de 15 € sin comisión algunha.

No seguinte enlace podes abrir a inscripción e cubrir dende o móvil ou ordenador e finalmente dar a ENVIAR.

No seguinte enlace podes abrir o archivo e imprimir, para posteriormente cubrir a mán. Finalmente podes enviar por email a anpaverduxo@gmail.com ou entregar a calquera membro da directiva.


Un saúdo e coidarse moito!!

ANPA VERDUXO 👪

martes, 8 de septiembre de 2020

COMUNICADO SITUACIÓN PARA O COMEZO INMINENTE DO COLEXIO

Bos días!!
Aprezadas familias; dende Anpa Verduxo queremos informar da situación actual,  entendendo a preocupación que todos temos neste momento.
PINCHA PARA LEER A CIRCULAR

Un saúdo e coidarse moito!!

ANPA VERDUXO 👪






viernes, 4 de septiembre de 2020

AVANCE DA SITUACIÓN ACTUAL PARA O COMEZO DO CURSO

Bos días!!
Aprezadas familias; dende Anpa Verduxo queremos transmitir, ante todo paciencia e moito optimismo para o comezo do curso.
Estamos pendentes e en contacto permanente coa dirección do colexio e co Concello. Estos días enviaremos un comunicado da situación en canto as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES xestionadas pola Anpa e tamén información sobre o comezo do curso.
Podemos adiantar que a Xunta enviou con fecha de 31 de agosto o PROTOCOLO para o comezo do curso, que agora o colexio ten que adaptar ao seu propio protocolo, de ahí que ainda non teñamos esa información.
Esperamos adiantar novas estos días e MOITO ÁNIMO.
Pinchando no seguinte enlace podedes ler o PROTOCOLO DA XUNTA.

Un saúdo e coidarse moito!!

ANPA VERDUXO 👪

domingo, 2 de agosto de 2020

COMUNICADO ANPA DE SITUACIÓN INICIO CURSO 2020/21

Bos días!!
Aprezadas familias;
Dende a ANPA queremos informar e con certa preocupación como estamos respecto o inicio do curso, tamén aproveitamos a ocasión para desexar que todos estedes ben.
Pinchando nos seguintes enlaces podedes ler o comunicado e tamén acceder a información de interese.

Un saúdo e coidarse moito!!

ANPA VERDUXO 👪

viernes, 21 de febrero de 2020

INVITACIÓN A TRABALLO EN COMUNIDAD

Bos días
Aprezadas familias;
dende o ANPA temos o pracer de convidarvos a participar nun Obradoiro convivenza  campestre, no que faremos tradicionais labores do campo (preparar os bancais). Terá lugar na finca ao lado do Invernadoiro de Caritas que será o lugar de encontro, o vindeiro luns 24 de febreiro con duas quendas. Pola mañá de 10:30h-13:00h e pola tarde de 16:00 a 18:30h. Traede roupa axeitada (gorras e guantes) e quen teña que traia tamén ferramentas: pala, sachos e capachos. Os cativos que traian tamén as súas. O abono e demais xa o pon o ANPA.
Para confirmar ou calquera dúbida ou pregunta podedes contactar con Vanessa no 691734114.


Un saúdo!!

ANPA VERDUXO 👪

lunes, 10 de febrero de 2020

COMUNICADO

Prezadas familias,

dende a ANPA queremos informar de varias cuestións. Como sabedes vimos colaborando co Centro no desenvolvermento do PDI, pondo en marcha unha horta escolar e colaborando coas visitas no invernadoiro de Caritas. Para esta semana queremos pedir a vosa participación e colaboración: 
1- Mañá martes día 11, as 17 horas haberá unha Charla do Proxecto-programa da Deputacion de Pontevedra Revitaliza, adicada a compostaxe para nais, pais e profesorado. ANIMAMOSVOS A ASISTIR.
2- Como se porá a funcionar un caixón (ou dous) para compostaxe, recordarvos que sería de gran axuda que durante esta semana as merendas dos nenos trouxeran sempre polo menos unha peza de froita.
3- Recordarvos tamén que precisaremos a vosa axuda para facer maceteiros con refugallo, co plástico das botellas de 1,5l.
4- Este sábado gustaríanos colaborar co traslado dalgunhas prantiñas que prepararon os nodos fillos no invernadoiro de Caritas, xa e que están listas para trasladar os bancais que habría que preparar. Os que queirades participar deixade os vosos datos na Secretaría do Colexio.

Moitas grazas!!
Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪

martes, 28 de enero de 2020

ADAPTACIÓN SERVIZO LUDOTECA PARA CONCILIACIÓN

Boas:
Dende a ANPA queremos informar dun cambio no horario da Ludoteca co fin de mellorar a conciliación dos usuarios da mesma.

PINCHA AQUÍ PARA VER O COMUNICADO

Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪


viernes, 24 de enero de 2020

SAÍDA O INVERNADOIRO DE CÁRITAS

Boas a todos;

Queremos informar dunha saída no mes de decembro, porque ainda que se nos quedou un pouco atrás, e unha actividade que terá continuidade e está moi ben que todos a coñezades.

PINCHA PARA VER A SAÍDA
PINCHA AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ANPA

CONVOCATORIA da ASAMBLEA XERAL
da ANPA Verduxo do CEIP Cordo Boullosa

Boas a todos;

Dende o ANPA queríamos recordar que hoxe teremos Asamblea Xeral.

Datos da sesión:
LUGAR: na Aula de Informática (Anexo coa BE, Aula Música e Informática) C.E.I.P Cordo Boullosa do (PONTE CALDELAS).
DATA E HORA: venres día 24 de xaneiro de 2020 as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 20:45 h en segunda convocatoria.

Coa seguinte Orde do día:
1.- Lectura e aprobación da Acta anterior.
2.- Estado de contas.
3.- Informe de proxectos e actividades do ano 2020.
4.- Renovación da Xunta Directiva.
5.- Rogos e preguntas.

Animádevos a vir!!!
Ademáis de renovar a Xunta Directiva (teredes ocasión de coñecer as nais e pais que osumirán os novos cargos) falaremos dos proxectos e actividades que se están facendo para mellorar a educación das nosas fillas e fillos.

COMUNICACIÓN OFICIAL

Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪