lunes, 16 de diciembre de 2019

FESTA DE NADAL

Bos días, 
Queremos informarvos, que este ano a Festa de Nadal do Colexio Cordo Boullosa
será diferente a como tiña sido ata o de agora. A ANPA Verduxo xunto coa ANPA do Colexio da Reigosa aceptamos a invitación do Concello para facer un acto conxunto de benvida aos Reis Magos.

Este acto terá lugar o día 19 de decembro (xa que o 20 e Feira) nas instalacións da discoteca Reivi, e está pensado para que disfruten todos os nenos conxuntamente (e sen nais, pais ou familiares)
Neste acto acudirán os Reis Magos de Oriente que esperamos traian para o Colexio algún regaliño, posto que a Xunta Directiva da ANPA en representación de todos os pais e nais con fillos no Colexio, escribímoslles, pedíndolle uns presentes conxuntos para cada unha das clases.

O mércores 18, no propio colexio, haberá a tradicional representación do Belén
vivente polos nenos do último curso de infantil ao que irán asistindo todos os
cursos do colexio e ao que poderán asistir (coma sempre) por cuestión de aforo só
nais/pais (en casos avoas/avós) das pequenas actrices e actores da función.

Aproveitamos dende o ANPA para desexarvos

Boas Festas!!!

PINCHA AQUÍ PARA VER O PLANNING

Un saúdo!!
ANPA VERDUXO 👪



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.