jueves, 15 de octubre de 2020

Medrar sen VIOLENCIA medrar en IGUALDADE.


Ola familias,


Temos o pracer de presentarvos a campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.


Hoxe presentamos a primeira das accións que leva por título:

“A igualdade multiplica”

Unha actividade que realizarán todas as aulas do IES e 5ª e 6º de primaria dos CEIPs durante os meses de outubro, novembro e decembro.


Con esta mensaxe animámosvos a participar xunto coas vosas fillas e fillos, para avanzar na educación en igualdade dende as familias e os centros de ensino.


Como estamos en temos de Covid para maior seguridade toda a formación vai ser virtual, en pequenos vídeos moi animados que poderedes ver e escoitar en calquera momento.

Aquí tedes o enlace a nosa canle de Youtube onde xa podedes visualizar os vídeos de presentación:

PINCHA AQUÍ


Recomendamos que pulsedes a tecla de SUSCRIBIR para recibir os avisos a medida que colguemos os pequenos vídeos.


Estas actividades están abertas a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.



                                                        Animádevos a participar!!!


Un saúdo e coidarse moito!! 
ANPA VERDUXO 👪

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.